Remataba este domingo o Campionato de España de Natación Júnior de Verán que se celebrou na piscina do Club Natación Sabadell os pasados 23, 24, 25 e 26 de xullo. Na cita nacional que pechou o calendario competitivo dos nadadores-as da A.D. Fogar tomaron parte 216 equipos e 676 nadadoras e nadadores, 439 homes e 237 mulleres.
Os da A.D. Fogar estiveron representados nesta ocasión por 3 nadadores, Anxo Fuentefría na categoría dos 17 anos e Carlos Casal e Manuel López na dos 16.
Os deportistas da A.D. Fogar nadaron a moi bo nivel sumando dúas finais, unha medalla e dous récords de idades do club. Anxo foi finalista nos 200 braza, proba na que se colgou a medalla de bronce dos nados no 2009, bateu tamén os anteriores rexistros de 17 anos do club nas probas dos 50 e os 100 braza nas que clasificou 18º e 8º respectivamente.
Outro dos finalistas do Fogar foi Carlos, que rematou na 10ª praza nos 200 braza dos nados no 2010. A piques estivo tamén de entrar nas finais dos 100 braza (11º posto) e os 400 estilos (12º posto). Pola súa banda Manuel de 16 anos nadou os 50, 100 e 200 bolboreta rematando na 19ª, 24ª e 18ª praza, e os 50 libres onde foi 30º.