Buscan crear unha soa infraestrutura 5 G activa por municipio para todos os operadores

1 minutes read

A Asociación Nacional de Operadores Locais de Telecomunicacións (AOTEC), pediu ao Goberno que as subvencións que se outorguen ao 5 G para pequenas e medianas poboacións barallen a creación dunha soa infraestrutura de rede activa e aberta por municipio á que poidan acceder todos os operadores, con e sen frecuencias.

A rede funcionará como un nodo neutro ou rede multioperador ao que terceiros poidan acceder a un prezo razoable, orientado a custos. Nesta liña, Aotec reclama que o operador local tamén poida proporcionar servizos 5 G nestas zonas. Para que isto sexa posible, o adxudicatario da subvención terá que abrir a súa rede a operadores alternativos mediante o network slicing, un tipo de arquitectura de rede virtual baseada en software. Doutra banda, no ámbito económico, o criterio tamén será o da orientación a custos. Un importe que se calculará en función da porcentaxe de poboación a cubrir e ao ancho de banda do espectro que se ocupe.

Grazas a esta fórmula darase viabilidade económica ás infraestruturas 5 G en municipios de menos de 10.000 habitantes, que facilitarán cobertura móbil ás zonas máis despobladas do país e que son pouco atractivas para as grandes corporacións polos custos asociados ao seu mantemento.