Cabana conta cun novo mural coa colaboración da rapazada do CPI As Revoltas

1 minutes read

Durante os últimos días, o Concello de Cabana de Bergantiños impulsou novamente unha acción relativa ao muralismo e á difusión cultural deste tipo de ámbito artístico. Desde este venres, a praza do Pendón conta cun novo atractivo: a obra que Leandro Lamas vén de realizar coa colaboración inestimable da rapazada do CPI As Revoltas, .

Esta venres, o alcalde, José Muíño, participou no acto inaugural e quixo agradecer «tanto ao artista como a toda a rapazada a súa implicación para que poidamos ver o resultado que hoxe contemplamos aquí. É marabilloso e xa forma parte do patrimonio inmaterial de Cabana de Bergantiños». 

A composición está versada na igualdade, na relevancia de «poñer en valor que só a acadaremos se todas e todos, xuntas e xuntos bogamos en favor dunha sociedade libre de machismo», conclúen.