10
Na mañá deste sábado, 15 de novembro, o Centro Cultural da Ponte do Porto acolleu a presentación oficial do cartel do evento da cultura friki da Costa da Morte, ‘Ponte Friki 2026’, realizado pola artista @gashadokuroz e que terá lugar o vindeiro 14 e 15 de marzo de 2026.
As persoas asistentes ao acto puideron descubrir o cartel desta edición, que foi elixido entre máis de 20 propostas, onde tamén acudiron a alcaldesa, Sandra Insua e a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro.
Ademais e como novidade, tras o éxito da primeira edición, este ano duplicarase o aforo do recinto, añadindo dúas carpas máis ao pavillón polideportivo da Ponte do Porto.