Carballo | A Galería Manolo Eirín achega a súa nova exposición colectiva de arte ‘O futuro será prehistórico’

1 minutes read

A Galería Manolo Eirín presenta unha experiencia cultural diferente este sábado a partir das 12:00 do mediodía, (Rúa Estrela 17 – 19 de Carballo). Unha sesión vermú con música en directo a cargo dunha DJ, para celebrar un encontro  cos artistas e achegar ao público a súa nova exposición colectiva de arte «O futuro será prehistórico».

Os asistentes poderán gozar de aperitivos e bebidas ao aire libre na súa terraza, aproveitando o bo tempo, mentres visitan a mostra de arte contemporánea nun ambiente próximo, acompañados dos propios artistas.

«O futuro será prehistórico» reúne obras de Pablo Maojo (1961, Villaviciosa), Manuel Tuset (1997, A Coruña), Peter Kramer (1959, Roskilde), Eirin (1967, Finisterre) e Vari Caramés (1953, Ferrol), propoñendo unha reflexión sobre o tempo, a memoria e a artesanía ancestral dende a mirada contemporánea.