- Ademáis das de Lendo, a empresa tamén conta cunhas instalacións similares en Albixoi (A Coruña).
Este distintivo acredita o cumprimento dos máis altos estándares de calidade, orixe e trazabilidade, e recoñece o compromiso da empresa coa excelencia e coa innovación no ámbito industrial galego.
A entrega da certificación tivo lugar nas instalacións da compañía e contou coa presenza da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, quen destacou “a aposta de Cerámica Campo pola mellora continua, a innovación tecnolóxica e a responsabilidade ambiental como piares dun modelo produtivo sostible e competitivo”.
Durante o acto, Méndez salientou tamén que “Galicia Calidade recoñece o esforzo das empresas que manteñen o seu proceso produtivo en Galicia e que contribúen a fortalecer o tecido industrial da comunidade desde a calidade, a fiabilidade e a identidade galega”.
Fundada hai máis de oitenta anos, Cerámica Campo combina tradición e modernidade, empregando materias primas locais e tecnoloxía avanzada para ofrecer produtos cerámicos que destacan pola súa durabilidade, eficiencia e comportamento técnico. A súa aposta pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética reflicte o compromiso da compañía cunha construción responsable e respectuosa co medio ambiente.
Grazas a esta certificación, Cerámica Campo poderá incorporar o selo Galicia Calidade nos seus produtos e accións de comunicación, reforzando a súa imaxe como empresa galega comprometida coa calidade e co desenvolvemento industrial sostible do territorio.