Chegou a “cara” revolución do turismo espacial


Os pioneiros foron multimillonarios coa posibilidade de facer historia. O primeiro en conseguilo foi o empresario británico Richard Branson (71 anos) que viaxou ás portas do espazo. O seguinte Jeff Bezos (57 anos), que alcanzou o 106 km de altitude a bordo da súa nave New Shepard, pilotada por computador. A estes dous nomes, únese o de Elon Musk (50 anos), cuxo obxectivo vai máis aló do noso planeta: “Fundar unha cidade en Marte que teña un millón de habitantes no ano 2050”. Os tres fundaron as súas propias compañías aeroespaciais: Virgin Galactic, Blue Origin e SpaceX, converténdose en pioneiros do turismo interestelar, un sector que esperan liderar para cando sexa un reclamo de masas nas próximas décadas.