Cine, teatro e contacontos: a programación cultural de Cerceda para o mes de xaneiro

1 minutes read

O Concello de Cerceda presenta a programación cultural do mes de xaneiro, cunha proposta diversa que aposta polo cine, o teatro e a animación á lectura, dirixida a públicos de distintas idades e que se desenvolverá en diferentes espazos municipais.

A programación arrincará o sábado 17 de xaneiro ás 20:00 horas no Auditorio de Cerceda coa proxección da película ‘+Cuñados’, unha comedia pensada para público maior de 12 anos. Ao día seguinte, o domingo 18 de xaneiro ás 12:00 horas, o Auditorio de Cerceda acollerá o espectáculo ‘Teatro con Máis Saaabor! II’, unha función de carácter familiar que combina humor e interpretación escénica, pensada para desfrutar en compañía de nenos e nenas.

A programación completarase o venres 23 de xaneiro ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal de Cerceda coa sesión de contacontos ‘A viaxe de Nano’, a cargo de Raquel Queizas. Trátase dunha actividade dirixida a público infantil de 0 a 5 anos, orientada a fomentar o gusto pola lectura desde as primeiras idades a través da narración oral.