As actuacións consisten na renovación completa da superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos. Tamén se contempla a sinalización horizontal e o novo marcado das prazas de estacionamento de vehículos. Ao estar parte do espazo integrado no recinto feiral, inclúese o repintado dos postos de venda nese sector.
O proxecto supón un investimento superior aos 42.000 euros que se destinarán a mellorar as condicións do pavimento nunha zona céntrica, residencial e comercial de Paiosaco.
O concelleiro de Obras, Pablo Cambón, realizou unha visita ao lugar das actuacións para supervisar o comezo dos traballos, que tiveron que retrasarse varias semanas debido ás condicións climatolóxicas adversas rexistradas durante os meses de xaneiro e febreiro.