Esta fin de semana cinco atletas da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas de ruta dos calendarios rexional e nacional de ateltismo. Por unha banda Nuno Moure Fernández correu o Nacional Absoluto de Medio Maratón celebrado o sábado na localidade extremeña de Mérida. Acudíu a cita lastrado por mor dunha enfermidade e foi 39º logo de percorrer a distancia en 1 hora, 13 minutos e 27 segundos.
Por outra banda catro deportistas máis desprazáronse ata Redondela para disputar o Galego da Milla e o Quilótero en Ruta. Sobre a distancia da Milla, María L. Brandón foi 8ª absoluta cun tempo de 6 minutos e 26 segundos co que estableceu a mellor marca do club dos 17 anos. Na proba do Quilómetro sub 16, Hugo Tuñas rematou 14º igualando o mellor rexistro do club dos 14 anos cun tempo de 3 minutos, mentres que Anxo Fuentefría (3’05») e Iago Bello (3’13») foron 16º e 20º respectivamente.
12