Nuno Moure campión galego sub 23 de 10 quilómetros en ruta
O atleta Nuno Moure Fernández (2006), proclamouse este sábado campión galego sub 23 no XV Campionato Xunta de Galicia de 10 quilómetros en ruta celebrado na localidade de Vilagarcía. O do Fogar completou a distancia nun tempo oficial de 32’47», o que lle valeu para facerse co campionato sub 23 e rematar nunha moi meritoria 7ª praza absoluta; refrendando unha vez máis a súa proxección no atletismo de fondo. A proba autonómica coincidíu coa vixésimo segunda edición da Carreira Nocturna do Concello de Vilagarcía, que contou desta volta coa cifra récord de 298 atletas na loita polos títulos autonómicos á par doutr@s 418 inscrit@s na modalidade popular, aos que hai que sumar tamén @s 180 deportistas que competiron por gañar as cinco probas das categorías de menores de 18 anos. Ademáis a proba de Vilagarcía acolleu a novidade de disputar por primeira vez o Campionato Xunta de Galicia en horario nocturno.
Catro podios para os do Fogar no Galego de Ácuatlon de Narón
O pasado venres día 31 de xullo, 16 d@s triatletas da A.D. Fogar tomaron parte en Narón no Campionato Galego de Ácuatlon de Menores e Súper Sprint para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e júnior. @s de Carballo e Oleiros tivemos unha moi boa tarde sumando 4 dos postos de podio da xornada. Na proba de menores, Rosalía Cid foi campioa galega benxamín, mesma categoría na que Julen Castro remotu 6º. Na categoría alevín @s mellores foron Noah De Castro 7ª e Mikel Castro 9º e na infantil Ethan Rodríguez 22º. Na proba súper sprint as mellores actuacións foron as de Iago Prada (campión galego júnior), Daniel Blanco (campión galego xuvenil inclusivo), Irene Santomé (5ª xuvenil), Lucas Prada (9º xuvenil), Diego Souto (8º cadete) e Carmen Díaz (13ª cadete). Na clasificación por equipos para o cómputo do Campionato Galego Súper Sprint acadamos o subcampionato dun total de 12 clubs.
Prata de Andrés Prieto no Campionato de Europa de Tríatlon
O triatleta da A.D. Fogar Andrés Prieto callou unha das súas mellores actuacións internacionais no Campionato de Europa de Tríatlon Sprint e Remudas Mixtas celebrado esta fin de semana na localidade polaca de Elbląg. O noso proclamouse subcampión de Europa na Remuda Mixta absoluta e acadou a 7ª posición elite (6° na categoría Sub-23) na proba individual. O de Carballo e Oleiros leva 5 carreiras consecutivas no top 10 e suma con este o seu 7º podio internacional. O cuarteto español estivo formado por Ana Carballo, Andrés Prieto, Alejandra Seguín e Pelayo González, quenes mantiveron durante a proba un duro cara a cara co combinado húngaro na loita polo ouro. Finalmente os húngaros alcanzaron a vitoria por tan só 6 segundos de vantaxe sobre o combinado hispano. Na proba individual a vitoria foi para o francés Milan Larivière e Andrés cruzóu a meta asinando o sétimo mellor tempo da proba a 17» do gañador, escoltando ao seu compañeiro de equipo Pelayo González (6°) para certificar un gran dobrete nos postos de honra para a selección española. Na clasificación Sub-23, Prieto rematou na 6ª praza.