Concerto benéfico en Malpica para colaborar cos habitantes de La Palma

0 minutes read
  • Será o sábado 23 de outubro en Canido grazas a unha colaboración entre o Concello e a asociación Salitre

O Concello de Malpica e a asociación cultural e deportiva Salitre promoven o concerto benéfico Isla Bonita co obxectivo de recadar fondos para os afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja na illa de La Palma. O evento celebrarase o sábado 23 de outubro en Canido.

Nos vindeiros días os organizadores contactarán con máis agrupacións malpicás, grupos musicais e establecementos locais para “implicar ao maior número de persoas posibles”.