Santiago acolleu a semana pasada a segunda edición de Walking the Talk for Dementia (WTD), un evento internacional que mestura camiñada, reflexión científica e experiencias comunitarias ao redor da demencia, coa participación dun centenar de persoas procedentes de máis de 25 países e o respaldo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A iniciativa comezou o luns 25 de agosto e concluía o xoves 28, tras percorrer a pé un total de 40 quilómetros distribuídos en catro etapas. Máis que un simple roteiro, trátase dunha experiencia inmersiva na que persoas con demencia, coidadores, investigadores, profesionais da saúde e artistas comparten vivencias e perspectivas, co obxectivo de reformular ideas e comportamentos relacionados con esta condición neurodegenerativa.
O programa completábase cun simposio celebrado os días 29 e 30 de agosto, no que se debateron proxectos, púxose en común conclusións e impulsáronse solucións colaborativas baseadas na experiencia directa dos participantes.
Nos actos tamén participou a asociación de familiares de personas afectadas por la enfermedad de alzhéimer de Bergantiños Afaber), representada polo seu presidente, Jesús Villar Antelo, quenes colaboran con este proxecto dende fai máis de tres anos.