Concluíu con éxito a formación de Xestión Loxística do Programa Integrado de Emprego do Concello da Laracha

2 minutes read

Para completar o itinerario formativo das persoas participantes e favorecer o seu desenvolvemento profesional, esta semana levarase a cabo a formación de Condución de carretillas elevadoras, e tamén terán a oportunidade de realizar un período de prácticas en empresas especializadas do sector, o que lles permitirá adquirir experiencia e reforzar a súa empregabilidade.

Do mesmo xeito, finalizou a formación en Introdución á Intelixencia Artificial, unha disciplina innovadora cuxo enfoque estivo orientado a dotar ás persoas participantes de novas ferramentas e competencias para mellorar a súa preparación de cara á consecución dos seus obxectivos profesionais. A acción formativa desenvolveuse cun marcado carácter práctico e dirixido a reforzar os coñecementos e capacidades e, por tanto, facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

A finais deste mes de maio comezarán as últimas accións formativas incluídas no Programa Integrado de Emprego. Trátase das especialidades de Seguridade e hixiene na industria alimentaria e Administración e aplicacións informáticas de xestión.

Nas accións formativas e prácticas non laborais en empresas que se levan a cabo no Programa Integrado de Emprego téñense en conta as medidas de conciliación, tanto os horarios como as datas de realización son adaptados ás necesidades das persoas participantes. A súa vez, perciben unha bolsa de 10 euros por día de asistencia.

Dende o Programa Integrado de Emprego realízase un labor de prospección laboral, tanto achegándose ao sector empresarial comarcal como xestionando ofertas de emprego remitidas por empresas que se atopen na procura de persoal capacitado.

Se algunha empresa está interesada en colaborar, pode poñerse en contacto co Programa Integrado de Emprego da Laracha por teléfono nos 981309891, 981612811, 621007079 ou por correo electrónico en programaintegradoemprego@alaracha.gal.

O Programa Integrado de Emprego do Concello da Laracha 2025/26 realízase gracias ó financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.