Coronavirus | Francia recomenda non viaxar a Cataluña

0 minutes read
  • Para o primeiro ministro francés «a situación en Cataluña mostra indicadores sanitarios degradados»

Francia recomenda «encarecidamente» non viaxar a Cataluña debido aos rebrotes por coronavirus que se está producindo na comunidade.

Así o comunicou este venres o primeiro ministro, Jean Castex despois da reunión do Consello de Defensa, xa que «a situación en Cataluña mostra indicadores sanitarios degradados».

O Goberno francés estará en contacto coas autoridades catalás e españolas para controlar o fluxo de visitantes.