0
Científicos da Universidade de Chicago crearon unha ferramenta chamada Glaze, capaz de protexer o traballo dos artistas, e evitar que sexa utilizado para adestrar a sistemas de intelixencia artificial. Esta ferramenta funciona mediante a aprendizaxe automática, calculando un conxunto de cambios mínimos nas obras de arte, de modo que pareza que non cambiou aos ollos dos seres humanos, pero que sexa completamente diferente “aos ollos” das IA. Para que o entendamos, grazas a Glaze, engadiríase como unha especie de segunda capa imperceptible nas imaxes orixinais dixitais das obras de arte, e que aínda que se vería igual para os seres humanos, sería unha obra diferente para unha intelixencia artificial.