Dj Frisco & Marcos Peón conquistan Romanía cos seus dous novos singles

1 minutes read

Este luns saíron á venda «Believe» e «Sabe mejor», os dous novos singles dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón. Estas dúas novas producións son editadas polo selo romanés Natural Rhythm, propiedade do recoñecido dj e produtor Horatio. Taibo e Peón, xa tiveron a ocasión de levar a Romanía as súas enérxicas sesións, e desde ese momento a relación coa industria musical do país balcánico é moi estreita. De feito, non será o último lanzamento que fagan con selos romaneses.

Isto confirma a gran proxección internacional dos dous deejays galegos, que con máis de 25 singles no mercado, atópanse no seu mellor momento e grazas a iso últimamaente colaboraron con artistas recoñecidos mundialmente como o colombiano Dvit Bousa, a ucraína Stacie ou a alemá Martina Budde.

Belive
Sabe mejor

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro da Silva, Fernandisco, Nicola Fasano, Stone Bridge, Paul Parsons, Michelle Weeks, Don Diablo, Lost Frequencies ou Silvio Carrano.