Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados por un accidente de tráfico no concello de Camariñas, na estrada que conecta a Ponte do Porto con Camelle. A saída de vía produciuse nunha curva, a causa dunha mancha de gasoil que se estendía por varios quilómetros. Unha persoa resultou ferida de diversa consideración e foi trasladada por unha ambulancia, sen precisar excarceración. A intervención consistiu na limpeza da vía en colaboración coa Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Camariñas e o servizo de conservación de estradas.
Envorque de vehículo no Concello de Paderne
O parque provincial de Betanzos recibiu un aviso ás 10:56 h por un accidente de tráfico na estrada AC-164, no punto quilométrico 7.600, no Concello de Paderne. O accidente consistiu no envorque dun vehículo por saída de vía. A condutora, que se atopaba consciente, foi trasladada polos servizos sanitarios. No lugar interviñeron tamén a Garda Civil de Tráfico e un guindastre.
