Dúas motoristas resultaron feridas logo de colidir unha moto e un coche en Coristanco

Imaxe dunha ambulancia 061

O estado da copiloto da moto, segundo informaron os axentes de Tráfico ao 112 Galicia, asemellaba ser de gravidade. 

O 112 Galicia tivo constancia do accidente cando faltaban uns minutos para a medianoite deste sábado para o domingo. A Garda Civil de Tráfico informaba, a esa hora, dun choque entre unha moto e un coche na AC-552, quilómetro 35.1, á altura de Traba, no termo municipal coruñés de Coristanco. Indicaban que a copiloto da moto, parecía estar ferida de gravidade. 

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que tras finalizar a súa intervención procederon coas tarefas de limpeza da vía. 

Os servizos de emerxencias desprazados ata o lugar confirmaron o traslado das dúas ocupantes da moto polos servizos sanitarios. 

Related posts

Gran actuación das atletas da A.D. Fogar no Campionato Galego Sub 18 de pista curta, en Ourense

José Luis Calo (UCIN Galicia) insta á oposición a presentar unha moción de censura en Ames

Morre un neno de dous anos en Carballo presuntamente atragoado cunha gominola