0
O 112 Emerxencias Galicia recibía unha alerta dun particular pasados tres minutos das sete da tarde deste domingo. Dúas persoas resultaran feridas de consideración tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaban polo quilómetro 12 da estrada DP-2904, ao seu paso pola parroquia de Xallas de Castriz, unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Santa Comba tras sufrir un forte golpe na cabeza e as dúas tiveron que ser evacuadas en ambulancia para recibir asistencia sanitaria urxente. Ata o lugar do sinistro acudiron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Xallas e o Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.
