A edición deste domingo marcaba un fito histórico ao bater o récord absoluto de participación. Ao peche do prazo de inscrición rexistráronse 844 inscricións para a carreira de 10 quilómetros e 450 para a de cinco quilómetros. As categorías inferiores, desde biberóns do 2023 ata sub 18, acadan os 952 participantes, e na categoría solidaria Un paso máis houbo 16 corredores/as. De feito, a proba destacou non só polo seu nivel técnico, cun circuíto homologado pola Federación Galega de Atletismo, senón polo seu carácter inclusivo. As probas sucedéronse de xeito continuo ao longo de toda a mañá dende as saídas situadas nas rúas Gran Vía e Desiderio Varela. Todas tiveron a súa liña de meta compartida na rúa Colón. O triunfo na proba foi para David de la Fuente e Tina Fernández, en tanto que na 5K impuxéronse José Francisco Rocha e Tere Parrado
0