EEUU intensifica ciberataques contra redes eléctricas rusas segundo o NYT

O diario The New York Times indica que Washington tenta infiltrar programas que poidan recompilar información sobre as redes eléctricas rusas e, supostamente, colocar dentro do sistema cosas que resulten agresivas.

Parece ser que esas accións son unha especie de advertencia e forman parte dun plan de ataques cibernéticos no caso de que as relacións entre Moscova e Washington se volvan completamente hostís.

O diario precisa que polo momento, sen ter acceso a certa información secreta, resulta imposible apreciar ata que punto EEUU se puido infiltrar nos sistemas de enerxía rusos e en que medida é capaz de «provocar un apagamento» en todo o país ou de paralizar as súas Forzas Armadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha