0
O conxunto de Luis de la Fuente volveu ofrecer unha imaxe de equipo sólido, competitivo e capaz de dominar os tempos dun partido de máxima esixencia. España lograba adiantarse cun gol de Fabián tras un rexeitamento de Curtois. Era o minuto 29, pero a cinco minutos do descanso, De Ketealere empatou cunha testada que acabou coa imbatibilidade de Unai Simón. No minuto 70 Bélxica sufriu unha importante baixa coa lesión de Curtuois. Volveu aparecer Mikel Merino para converterse outra vez en heroe e darlle a clasificación a España no minuto 87, fixando o definitivo 2-1 no marcador, e que pase o seguinte, que será Francia.