Espazo Común Galeguísta, organización política de centro esquerda galeguista, celebrou un acto a nivel galego no que se abordaron as políticas galegas e municipais, reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento local e a defensa dos intereses de Galicia.
O evento tivo lugar no marco da Xuntanza Galega de Espazo Común, realizada no Carballiño o 26 de abril de 2025.
Durante a xuntanza, os municipalistas de Espazo Común Galeguísta consolidaron a súa estrutura organizativa, nomeando unha nova executiva galega. Esta estará liderada por Pachi Vázquez como presidente, acompañado por Javier González, de Mazaricos, no ámbito de organización, e Luisa Feijoo, de Ames, como secretaria de Coordinación. A elección destes cargos reflicte a aposta da formación por combinar experiencia política e implantación local para fortalecer a súa presenza en Galicia.
Espazo Común Galeguísta, que xa conta con representación en diversos concellos galegos como O Carballiño, Ames, Ponteceso, Mazaricos ou A Guarda, busca consolidar un proxecto político de futuro, centrado na defensa dunha axenda galega e na promoción de políticas municipalistas que prioricen o benestar da cidadanía. A formación, mantén a súa aposta por construír un espazo político propio, galeguista e de centro esquerda, con vocación de diálogo e consenso.