A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e co cofinanciamento dos fondos europeos FEMPA, presentaba este mes de novembro a nova etapa itinerante de Galicia sabe aMar para fomentar o consumo de peixe e marisco galego e apoiar os sectores pesqueiro e marisqueiro.
A campaña chegará este sábado 21 de novembro a Malpica de Bergantiños. Estará ubicada na rúa Emilio González López de 11 a 14 e de 19 a 22 horas. Un xeito innovador de apostar polo produto galego, apostar polo noso mar, pola nosa xente e polo noso futuro.
A iniciativa ten en marcha catro foodtrucks que ofrecen degustacións gratuítas de produtos do mar e da terra. 21 petiscos e receitas elaboradas con peixe, marisco e conservas (como navallas á prancha, croquetas de choco ou empanada de bonito).
Esta iniciativa durará 24 meses a nivel autonómico, percorrendo concellos, feiras, festas e eventos educativos ou deportivos.
