Europa adianta a Estados Unidos e Xapón en supercomputadores


O sistema pre-exaescala Leonardo inaugurarase oficialmente esta semana tras a súa confirmación como o cuarto supercomputador máis potente da lista Top500. Desta forma, Europa adianta a Estados Unidos e Xapón en podium. Leonardo, espérase que sexa capaz de alcanzar un nivel de rendemento superior aos 249 petaflops cando estea plenamente operativo, e abrirase a científicos e enxeñeiros na Tecnópolis de Bolonia (Italia) o 24 de novembro.

Con iso, Europa conta con dous dos catro supercomputadores máis potentes da lista Top500, por detrás do sistema Frontierexascale de EE. UU. e do sistema Fugaku baseado en ARM de Xapón. O sistema Leonardo foi construído pola empresa francesa de informática Atos e baséase na súa arquitectura Bull Sequana XH2000. Consta de dous módulos de computación principais, denominados Booster e Data Centric, que lle permiten cubrir unha serie de cargas de traballo diferentes.