Foi necesario un guindastre especial para poder mover o camión e comprobar o estado do condutor.
Pasaban das catro da tarde deste martes cando o 112 Galicia recibiu as primeiras chamadas sobre o camión envorcado na cuneta da LU-862, en Xove.
Ningún dos alertadores conseguía ver saír o condutor, polo que entenderon que estaba atrapado no interior da cabina.
Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos Bombeiros de Viveiro, dos membros de Protección Civil de Xove e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Á chegada dos efectivos de rescate e salvamento, comprobaron que a situación do vehículo impedía acceder ao interior sen movelo. Por iso, manifestaron a necesidade de contar cun guindastre especial.
Cando este recursos puido actuar, os equipos de emerxencias descubriron que o condutor estaba falecido.