Falece o larachés Antonio Queijo | Impulsor do comercio de barrio | Fundador do Grupo Cenor

1 minutes read

O empresario Antonio Queijo Muíño faleceu este sábado aos 88 anos de idade. Antonio foi o fundador no ano 1.957 de Comercial Queijo, por aquel entón ligado ao sector da electricidade, pero co auxe da radio, a chegada dos televisores e a súa visión emprendedora, convertéronlle nun comercio referente na cidade herculina, situado na rúa Pascual Veiga. Máis tarde incorporaría tamén mobles de cociña e baño,impulsando o comercio de barrio, creando máis tenda e o seu propio almacén. Ademais foi presidente fundador de Cenor electrodomésticos, que agora rexenta a súa filla Otilia. Antonio era natural da parroquia larachesa de Montemaior e durante un tempo residiu no lugar de Pereira, na carballesa parroquia de Noicela, de alí era a súa esposa Otilia Collazo Rodríguez, tamén falecida hai pouco máis dun ano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?