0
O suceso ocorreu arredor das 19:10 horas deste venres en Miñóns, na parroquia de Buxantes. Foi un particular o que alertou do accidente á Axencia Galega de Emerxencias. O home morreu ao quedar debaixo dunha colleitadora de millo. Desde a sala de Operacións do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría. Pese aos intentos de reanimación, os servizos de emerxencias nada puideron facer para salvar a vida da persoa.