Falece un motorista ao sufrir un accidente de tráfico en Ourense

1 minutes read
Arquivo.

O sinistro tivo lugar no quilómetro 571 da estrada N-120A ao seu paso polo termo municipal de Ourense.

A alerta activouse no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasados cinco minutos das 11:00 horas deste xoves. Nese momento, varios particulares contactaron co servizo de emerxencias para informar dun motorista accidentado que caera contra o gardarraíl e que precisaba asistencia sanitaria urxente debido á gravidade das súas feridas.

Atendendo á información facilitada polos alertantes, dende o 112 Galicia informouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

A pesar dos esforzos dos servizos mobilizados, o persoal sanitario desprazado ao punto só puido confirmar o falecemento do motorista.