0
A vítima, de 40 anos, sufriu unha saída da vía que rematou no tráxico desenlace. O accidente produciuse este sábado cando o home estaba a realizar unha viaxe con catro amigos polo país africano. Os membros da expedición planificaran a viaxe para gozar da súa paixón, as motos. Unha viaxe que desgraciadamente se truncou preto da cidade de Agadir, nun fatal accidente. Os trámites para repatriar o corpo xa están en marcha e espérase que poida realizarse o máis pronto posible.