Falece unha muller de 30 anos logo de caer por un acantilado de Cabo Prior, en Ferrol

1 minutes read

Ata o lugar acudiron de inmediato os profesionais sanitarios e un helicóptero de Salvamento, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia, sobre as 11:00 horas deste domingo para pedir axuda. Indicaba que unha muller caera por un acantilado, pola parte de abaixo do Cabo Prior, en Covas. Segundo relataba, tras a caída foi golpeada contra as rochas e non había maneira de acceder a ela.

Ademais de pasar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou unha UVI móvil ao punto, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Ferrol, de Salvamento Marítimo, do Servizo de GardaCostas de Galicia, dos axentes da Policía Nacional e Local.

Así, unha vez no punto, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou, que, debido ao forte golpe ocasionado pola caída, a muller faleceu.