Ocorreu ás oito da mañá deste xoves na AC-550, en Goiáns, Porto do Son. Quen alertou do suceso a través do 112 Galicia foi a persoa condutora implicada no accidente.
Apenas uns minutos despois das oito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recolleron o aviso e puxeron en marcha os protocolos para a activación dos recursos necesarios, isto é, profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Noia.
Desafortunadamente, nada puido facerse por salvar a vida da persoa atropelada. De feito, a propia alertadora advertiu da gravidade da situación e, pouco despois, os efectivos de emerxencias desprazados ao lugar do accidente soamente puideron confirmar o falecemento.
