Ferida de gravidade unha muller en Santiago ao caer co seu coche dende unha rotonda á A-54

0 minutes read

Unha muller de 47 anos veciña de Santiago resultou ferida grave ao caer co seu coche dende unha rotonda á A54. O sinistro ocorreu en Santiago ás 15:55 horas deste venres. A muller circulaba pola SC-30 cando, por causas que se descoñecen, seguiu de fronte nunha rotonda en altura. O seu vehículo rompeu a varanda de seguridade e caeu ata a A54 á altura de San Marcos. A muller tivo que ser excarcerada.