Galicia aproba a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) ata 2027

1 minutes read

Galicia aprobou a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) ata 2027, co obxectivo de acadar unha mobilización público-privada de preto de 5.000 millóns de euros, co dobre obxectivo de avanzar cara a unha Galicia sostible e dixital e unha sociedade comprometida coa investigación. Esta nova estratexia mantén os grandes retos da anterior e centrarase na busca de solucións científico-tecnolóxicas para a sostibilidade, na dixitalización e nas persoas para orientar os esforzos en I+D+i na alimentación, saúde ou no envellecemento. Entre as novidades que presenta está o establecemento de misións para apoiar entre 4 e 6 grandes proxectos transformadores, o reforzo da atención ás pemes para impulsar a innovación, o desenvolvemento da Marca Galicia en I+D+i e o fomento da incorporación da muller á innovación.