Google reforza a seguridade do seu xestor de contrasinais


Para contextualizar, o Xestor de contrasinais de Google está incorporado en Chrome e Android, pero, tamén se pode configurar como provedor de contrasinais nun iPhone. Como novidade, Google está a incorporar novas actualizacións para proporcionar unha experiencia máis sinxela, cunha protección máis fortalecida. En base a isto, Google sinalou nun comunicado que “con esta versión, a nosa intención é implantar unha experiencia de xestión máis sinxela e uniforme, idéntica nos axustes de Chrome e de Android”. Se o usuario dispón de varios contrasinais para os mesmos sitios ou aplicacións, o sistema agrúpaas automaticamente. Ademais, se a persoa quere pode crear un acceso directo na pantalla de inicio do seu Android para acceder aos seus contrasinais. Ademais, Google quere que a súa nova funcionalidade de protección de contrasinais chegue a máis persoas, por este motivo, a compañía está a ampliar estes avisos sobre contrasinais en perigo a todos os usuarios de Chrome en Android, Chrome VOS, iOS, Windows, MacOS e Linux.