Gran inicio de tempada do equipo de atletismo da A.D. Fogar

1 minutes read

As pasadas fins de semana deste mes de novembro, 27 atletas da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en tres das probas do calendario rexional de ateltismo.
Por unha banda no IX Cros Ponte Romana de Lugo do 1 de novembro podemos destacar as actuacións dos atletas sub16, David Andrade (2º), Iago Bello (5º), Hugo Tuñas (6º) e Adrián Fuentefría (11º), e tamén a do atleta sub23 Nuno Moure que foi 5º.


Por outra banda no I Cros Concello de Carballo celebrado o pasado sábado o equipo masculino acadou o trunfo absoluto por equipos; ademáis no individual os séniors Nuno Moure e Alejandro Pardo foron 2º e 6º respectivamente, os sub18 Lino Souto e Nicolás Mato remataron 2º e 3º e os sub16 David Andrade e Adrián Fuentefría foron 1º e 2º. Na categoría feminina as atletas sub18 do Fogar, Iria Barreiro, María Brandón, Sara García e Ana Ézara foron 3ª, 4ª, 5ª e 6ª respectivamente.


Tamén o sábado, na Pista Universitaria de Santiago, nove atletas de base da A.D. Fogar tomaron parte na primeira das xornadas do Circuíto Deputación de A Coruña con moi bos resultados. Como os de Ángel Mira, que bateu as mellores marcas do club de 10 anos nos 60 m.l. e a lonxitude ou o de Noah De Castro, que mellorou tamén o anterior rexistro do club de 10 anos nos 60 m.l.