O programa de radio Hit Clubbin´presentado e dirixido por Frisco Taibo pecha o ano esta fin de semana ao grande e faio cun especial «All Top 1». Soarán todos os temas que chegaron a ser número 1 no programa neste 2020 en dúas horas de radio cheas de ritmo, de bo feeling e en definitiva con temas que engancharon á audiencia durante todo o ano. Pero a cousa non acaba aquí por que nesta edición participaron + de 50 artistas que irán desfilando ao longo deses 120 minutos. O sabado na medianoite Hit clubbin´soará con este especial como é habitual na sintonia de Nova Hit onde leva emitíndose desde 2005 e sendo nomeado ata en 6 ocasións por medios especializados como «mellor radio show dance nacional».
Frisco para inaugurar o ano, xa na sigiuiente edición tamén preparou un Hit Clubbin´ especial «in the mix» formato mais que consolidado onde participaron os mellores djs mundiais coas súas sesións e nesta ocasión tocáselle a quenda a Dj Frisco & Marcos Peón e a Jean Bacarreza uno dos djs mais potentes do momento, residente do que para moitos é a discoteca numero 1 do mundo o Green valley en Brasil. Dúas horas non stop para non perderllas. Ademais esta semana concretamente o día de Nadal se pondra á venda en todo o mundo o novo album recompilatorio de Hit Clubbin´ compilado por Dj Frisco & Marcos Peón e publicado polo selo britanico Deevu Records cun tracklist onde aparecen moitas das cancións que soaron no programa ao longo deste ano. Este será xa o decimosegundo disco de Hit Clubbin´ desde o inicio do programa e o cuarto que se edita este ano.
31