O sinistro producíase pasados uns minutos das once da mañá deste luns 21 de setembro. Unha persoa particular contactaba co 112 Emerxencias Galicia para comunicar esta incidencia con dous turismos implicados na AC-552 quilómetro 34, entre a entada da autovía e a fábrica de conservas Calvo. Por sorte, os danos persoais foron mínimos. Aínda así unha ambulancia do 061 trasladábase ao punto para atender a un contusionado. A Policía Local de Carballo tivo que regular o tráfico con dúas patrullas debido ao corte dun carril por numerosos restos materiais e de cristais na calzada provocados polo accidente, pero cabe destacar que este tramo da vía é competencia da Garda Civil de Tráfico, que acudiría máis tarde a levantar o correspondente atestado.
0
