31
Este sábado o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, inaugurou a área de servizo de autocaravanas nas Forcadas, en Corme. Carballido explicou todo o proceso da construción da área de servizo de Caravanas e agradeceu a presencia dos presentes no acto. Amalia Rivas Losada, secretaria da Asociación Galega de Autocaravanas AGA, entregou un agasallo ó rexedor e tamén ós técnicos de turismo do concello de Ponteceso por facer un programa con actividades estupendas. Posteriormente Xosé Lois García Carballido finalizou o acto cortando a cinta inaugural. As actividades da concentración proseguirán con visitas guiadas ao Museo de Arte Contemporánea de Corme.