Infantís e cadetes do SAL sitúanse entre os mellores clubs de España

1 minutes read

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación destacada no VII Campionato de España de Primavera Infantil e Cadete de Piscina, celebrado a pasada fin de semana en Bétera (Valencia), consolidándose como un dos clubs referentes do salvamento deportivo a nivel estatal.

A competición, organizada pola Real Federación Española de Salvamento y Socorrismo, reuniu a 293 socorristas de 36 clubs de toda España, confirmando o elevado nivel competitivo desta cita nacional.

Un equipo feminino infantil que sorprende a España

Un dos grandes fitos do campionato foi a actuación do equipo infantil feminino, formado por Carmen Domínguez Fariña, Jimena Viturro Domato, Julia Bolón Collazo e Sabela Paulos García, que asinou unha actuación brillante e situouse entre os mellores equipos de España.

Unha experiencia deportiva e humana

A expedición do club estivo formada por dez deportistas: Borja Blanco López, Carmen Domínguez Fariña, Hugo Ferreño Varela, Jimena Viturro Domato, Joel Landeira Suárez, Julia Bolón Collazo, Julia Insua Rico, Manuel Liñares Vilariño, Sabela Paulos García e Simón Caamaño Verdía.

Máis alá dos resultados, a participación en Bétera supuxo unha experiencia moi enriquecedora tamén no plano persoal. O desprazamento realizouse en tren, apostando por un modelo de mobilidade máis sostible e permitindo, ademais, compartir unha viaxe distendida con outro equipo galego, favorecendo a convivencia e o compañeirismo.

Apoio institucional clave

Desde o club destacan o apoio fundamental das institucións que fan posible este tipo de participación como son a Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e ao Concello da Laracha.

O seu respaldo permite aos deportistas seguir medrando, adquirindo experiencia e aspirando a metas cada vez máis ambiciosas.