Investigan a dous veciños de Malpica como presuntos autores do roubo de 25 aparellos de pesca na Coruña

1 minutes read
  • Tamén se constatou a participación nos feitos dunha muller veciña da capitál herculina.

O Destacamento Fiscal e Fronteiras da Garda Civil do Porto da Coruña investiga a unha veciña da Coruña e dous veciños de Malpica de Bergantiños como presuntos autores dun delito de furto.
Os feitos ocorreron a raíz da denuncia interposta polo prexudicado o pasado día 23 de setembro nas dependencias oficiais da Garda Civil no Porto da Coruña.
Nela comunicaba que autor ou autores descoñecidos subtraéranlle 25 aparellos de pesca que tiña depositados no Peirao de Oza, valorando os mesmos en máis de 2.000 euros.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e a identificación do responsable ou responsables do ilícito no seu caso.
Tras un arduo labor de investigación, os gardas civís actuantes, lograron a identificación dos supostos autores e a localización dos aparellos subtraídos.
A Garda Civil procedeu á investigación destas 3 persoas como presuntos autores dun delito de furto e á recuperación dos efectos subtraídos, sendo estes reintegrados ao seu lexítimo propietario.