0
O aviso chegou ao 112 Galicia ás 16:57 horas deste luns. A chamada alertaba de que o menor se precipitara desde unha xanela do centro de menores Nosa Señora do Carme. Ao lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, incluído un helicóptero medicalizado. Os equipos intentaron atender o menor, pero non puideron salvarlle a vida. A Garda Civil abriu unha investigación e traballa para esclarecer as circunstancias do ocorrido. Dende a Xunta de Galicia quixeron transmitir o seu máis profundo pésame polo «terrible suceso» e puxo a disposición dos traballadores do centro especialistas en atención psicolóxica de urxencia.