50
Os traballos, que realiza o Concello da Laracha, baixo control arqueolóxico, consisten na roza da vexetación e limpeza do contorno coa fin de preservar a visibilidade do menhir e asegurar a súa correcta integración paisaxística.
O obxectivo final é poñer en valor este destacado elemento para que se atope nas mellores condicións posibles para animar á veciñanza a visitalo e coñecer o legado histórico larachés.
Con esta iniciativa o Concello reafirma o seu compromiso coa protección, conservación e difusión do patrimonio cultural do termo municipal, promovendo ao tempo o coñecemento da historia local e fomentando o turismo sostible vinculado aos bens culturais.