Lanzados dous novos satélites de navegación Galileo


  • Este sistema global de navegación por satélite europeo ten xa en órbita 26 satélites de primeira xeración.

O foguete Soyuz que transporta dous novos satélites de navegación Galileo, o 27 e o 28, despegou desde o porto espacial de Kurú, en Guayana Francesa. O lanzamento pospúxose ata en tres ocasiones desde o 2 de decembro por mor das condicións meteorolóxicas en Kurú e outras circunstancias relacionadas coa falta de dispoñibilidade dun tipo de estación de seguimento. No cuarto intento finalmente o foguete Soyuz foi lanzado á hora prevista e puxéronse na órbita terrestre os dous novos satélites europeos. Estes dous novos satélites duns 750 quilogramos cada un sumaranse a unha constelación que presta servizos de navegación en todo o mundo. O sistema comezou a proporcionar servizos iniciais en decembro de 2016 e na actualidade son 22 satélites os que emiten sinais de navegación.