0
Foi unha mañá a deste domingo para desfrutar, compartir e seguir promovendo hábitos saudables nunha contorna única como a vila de Laxe.
A organización quixo dar os parabéns a todas as persoas participantes, tanto nas probas de adultos como nas carreiras de menores, por formar parte desta actividade chea de deporte, convivencia e bo ambiente.
Tamén trasladaba o seu agradecemento a Protección Civil, ao persoal colaborador e a todas as persoas voluntarias que axudaron para que todo saíse ben e a xornada se desenvolvese con seguridade e normalidade.