Licitada a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-2904 entre Coristanco e Santa Comba

1 minutes read
  • Concretamente, búscase mellorar os treitos desta estrada provincial comprendidos entre os puntos quilométricos 6,0 e 13,5 e dende o 15,3 ao 17,5.
  • A data límite para presentar as ofertas a través da plataforma de contratación pública é o 10 de novembro ás 23.59 horas.

O proxecto debe contemplar a mellora do trazado mediante a eliminación ou suavización de varias curvas sinuosas para, así, incrementar a seguridade na circulación, xa que se trata de puntos nos que se rexistraron múltiples accidentes nos últimos anos a pesar do bo estado do firme. Deste xeito, o groso da actuación estará centrado na redefinición do trazado nestes tramos.

O documento incluirá tamén o estudo dos desvíos necesarios para manter o tráfico durante a execución das obras, valorando distintas alternativas como itinerarios alternativos, desvíos provisionais por medias calzadas ou ampliacións temporais da plataforma.