Ás 19:00 horas deste xoves, foron mobilizados polo 112 Galicia os voluntarios de Protección Civil de Muxía para colaborar no operativo de busca dunha persoa maior que faltaba da súa vivenda na vila desde facía varias horas, tras ser comunicada a súa desaparición pola súa familia.
Lamentablemente, sobre as 22:00 horas deste xoves, a persoa foi localizada sen vida, a uns dous quilómetros da súa vivenda, nunha finca no lugar de Figueiras por unha veciña que participaba nas labores de busca. Tratouse dun varón duns 90 anos de idade coñecido como Chucho.
No operativo de búsqueda, participaron familiares e veciños, Policía Local, Garda Civil e Voluntarios da Protección Civil de Muxía, contando tamén co apoio de drons da AVPC Protección Civil Muxía e da Policía Local.
Desde Protección Civil Muxía e a Policía Local, quixeron trasladar o seu máis sentido pésame á familia e achegados, así como todo o seu cariño e apoio nestes momentos tan difíciles.
