Luis Iglesia e Marcos Orsi visitan A Laracha coa obra ‘Conexión Pingüín’

0 minutes read
  • Enmarcada no ciclo dos ‘Venres Teatrais’, terá lugar na Casa da Cultura a partir das 21:00 horas

Nova cita cos ‘Venres Teatrais’ da Laracha. Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi achegaranse ata a Casa da Cultura da localidade con Conexión Pingüín, unha comedia dirixida ao público adulto na que os protagonistas tratarán os seus problemas de comunicación na era da tecnoloxía e a inmediatez.

O espectáculo comezará ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo e a máscara será obrigatoria durante todo o espectáculo.