0
Era unha das súas medidas electorais e vaise poñer en vigor o vindeiro 1 de marzo. Tal e como anunciou o presidente francés, Emmanuel Macron, o prezo do paquete de tabaco aumentará ata os 10 euros no caso da marca máis vendida no país galo.
Con esta medida Francia dá un paso máis na cabeza dos países europeos onde resulta máis caro fumar, na liga de outras nacións como Noruega, Irlanda ou o Reino Unido.
Pola contra, Lituania e Letonia ao redor dos 2,50 euros, e Romanía cun prezo de 1 euro por paquete, sitúanse como os países europeos onde resulta máis barato o consumo de tabaco.